jueves, 10 de marzo de 2022

Tolerancia

Ser tolerante é o mesmo que ser respectuoso,  indulxente e considerado cos demais. É unha calidade persoal que se define como o respecto ás ideas, crenzas ou prácticas dos outros, aínda que sexan diferentes ou contrarias ás nosas.

Ser tolerante é aceptar e permitir as  circunstancias ou diferenzas dos demais, é non impedir que faga o que este desexe, é  admitir a diferenza ou a diversidade. Para que os nenos establezan boas relacións cos seus semellantes, é necesario que aprenda a ser tolerante desde moi pequeno. 


A tolerancia xoga un papel moi importante nas relacións dos nenos cos seus iguais e coa súa familia. É importante que eles escoiten as ideas e as opinións das súas  amiguitas/os, que acepten os seus criterios aínda que sexan distintos aos seus, e que consigan poñerse de acordo cos seus compañeiros/as durante un xogo, nalgunha actividade ou nunha aula. A tolerancia axúdalles a que teñan unha boa integración nun grupo ou equipo.

O neno non nace tolerante. A súa conduta natural é que todo sexa para si, e que todos estean de acordo con el, polo que é indispensable que o proceso de aprendizaxe acerca da tolerancia empece desde ben cedo.
Resultado de imagen de tarzán

Fai clic na imaxe

Educar en valores aos nenos: Aprendendo a ser tolerante

O exemplo dos pais é a mellor ferramenta que poden utilizar para inculcar valores na educación dos fillos. A tolerancia é un valor importante para o bo desenvolvemento das relacións sociais do neno. O neno pode aprender a ser tolerante:


- Cando os seus pais tamén o sexan

- A través de contos e historias

- Polas actividades que desenvolve

- A través dos xogos

- Na convivencia cos demais nenos

- Aprendendo a respectar as diferenzas

- Coñecendo diferentes culturas

- A través das viaxes en familia

- Coñecendo os beneficios da conciliación, da paz

- Compartindo, sen pelexar

- Aprendendo a non burlarse dos demais


Resultado de imagen de piedra papel tijera
Fai clic na imaxe


No hay comentarios:

Publicar un comentario