jueves, 16 de junio de 2022

O Paso a Primaria

Cada ano, moitos nenos e nenas prepáranse para dar un paso moi importante na súa vida académica: a transición de infantil a primaria.
Para os nenos é un cambio significativo e pode ter diferentes implicacións. É o comezo dunha nova e importante etapa, na que deberá enfrontarse a certos cambios aos que se irá adaptando paulatinamente: novos espazos, novos profesores, nova organización das aulas, novas materias, cambios metodolóxicos...

Non en van, no primeiro curso, vanse adquirir contidos e hábitos de traballo básicos para cursos posteriores.

A transición a esta nova etapa require un período de adaptación; é por iso que o paso de Infantil a Primaria realízase de xeito progresivo. 


De todos os xeitos, o cambio non ten que ser vivido como algo negativo.



Para moitos nenos/as é un signo evidente de que van sendo maiores e case sempre, isto é para eles reforzante, pero algúns alumnos/as teñen medos, preocupacións e certas dificultades para adaptarse.

Ilustración De La Escuela Infantil Se Alinearon En Una Fila Y ...

Dende o colexio, todos os cursos, lévanse a cabo unha serie de actuacións encamiñadas a conseguir unha mellor adaptación. Algunhas delas son:
  • Reunións interciclo entre o profesorado de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Primaria.
  • Visita dos nenos/as de sexto curso de Educación Infantil ás aulas de Primaria.
  • Actividades conxuntas entre o alumnado de Infantil e primaria: Magosto, Día da paz, Entroido,...
  • Información ás familias.

Dentro deste último punto, inclúense as seguintes pautas, que teñen a intención de facilitar a adaptación á nova etapa do voso fillo/a, para comezar Primaria 


Pautas ás familias para que o tránsito sexa o máis llevadero posible.

Enviade mensaxes positivas sobre a nova etapa.
  • Faládelle da nova etapa con mensaxes de ilusión e de posibilidades.
  • Podedes resaltar todo o que vai aprender, as novas asignaturas e os seus contidos, desde unha visión positiva.
Nunca lle deades unha visión negativa.

Xunto coa pauta anterior, debedes evitar mensaxes negativas do tipo "xa verás cando empeces primeiro"  ou profecías negativas: "si segues así vas a suspender e terás que repetir". Este tipo de comentarios ou ameazas non adoitan mellorar o comportamento ou as  actitudes, ao contrario, adoitan empeorar as cousas e non son a mellor forma de corrixirlles.

Anticipade de forma realista os acontecementos.

  • Conforme se vaia achegando o momento de incorporarse, é adecuado anticiparlle os acontecementos de xeito realista.
  • Por exemplo, que vai seguir con algúns dos seus compañeiros, que vai cambiar de titor, que terá máis profesores, outras asignaturas...
  • Quitádelle importancia aos rumores ou comentarios negativos sobre as novidades que vai ter.
Deixade sempre que exprese os seus medos e preocupacións.


Algúns nenos viven con preocupación e ansiedade este momento de cambio e novidade. Ademais das medidas anteriores, facilitade que se exprese e que manifeste os seus temores. Escoitádeo sen criticar, sen xulgar e sen quitar importancia. Intentade razoar e afrontar os temores de xeito realista. 
  • Fomentade a súa autoestima.
  • Confiade nel. Moitas veces os pais/nais dubidan das capacidades e da preparación dos seus fillos/as. Este sentimento é transmitido inconscientemente aos nenos/as. 


Os primeiros días de clase

  • Estade especialmente atentos os primeiros días de clase aos seus comentarios, actitudes e estados de ánimo.
  • Vivide e compartide co neno/a eses primeiros días intentando transmitir ilusión: revisando os novos libros, adquirindo o material para o novo curso...
  • Animádelle desde o principio a dedicar un tempo diario ao traballo escolar en casa. Será a mellor medida para que teña a sensación de que pode controlar e dominar a situación.
Dificultades especiais

  • Si o voso fillo/a ten especiais dificultades non debedes preocuparvos. Esta información pásase aos novos profesores e desde o comezo, téñense en conta por si necesitase algún tipo de apoio educativo.
  • En todo caso, é conveniente que canto antes fixedes unha entrevista co seu novo/a titor/a para tratar o tema: se o voso/a fillo/a ten un informe psicopedagógico, as dificultades que presenta,...
Acudide ás reunións e mantede contacto co seu titor/a 



Hai unha reunión informativa coas familias para informar do comezo de curso e da organización do grupo. É de suma importancia que acudades a esa reunión, que vos informedes e preguntedes polas dúbidas que creades convenientes. Para os nenos tamén é un signo de que aos seus pais interésanlles os seus estudos.


Procurade manter unha entrevista co seu titor/a. Nesa entrevista poderedes coñecer de primeira man a adaptación do voso fillo ou filla á nova etapa, poderedes informar dalgún aspecto que deba ter en conta e recoller as pautas que vos faciliten.


Información importante:

Presentación con información sobre o paso a primaria.

Mochilas escolares y dolor de espalda, como evitarlo.


Fonte: Jesús Jarque. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario