jueves, 16 de junio de 2022

Retirada de cueiros

Por máis que repitas ao teu fillo/a que che pida facer pis ou caca, sempre te quedas na expectativa preguntándote o por que non cho pide. O control voluntario dos esfínteres é un hábito que debe ser adquirido do mesmo xeito que comer, durmir, vestirse sos, camiñar, lavarse as mans,... e como tal resulta máis fácil para uns que a outros. En nada está relacionado coa intelixencia ou coa autonomía de cada neno/a e si co seu nivel de maduración. Si notas que o neno/a non está preparado/a, non insistas. Cada cal ten o seu momento e as comparacións neste sentido só amolan. 


Retirada del pañal - osinteresa.com
Pautas para saber si está preparado/a para este control


- Cando se queixa do molesto que está o cueiro.
- Cando ao cambialo/a notas que o cueiro cada vez se atopa máis seco.
- Cando ao retirar o cueiro, o teu fillo/a consegue controlar as súas ganas de ouriñar, logo de pedircho.
- Cando o teu fillo/a sabe diferenciar as ganas de ouriñar ou evacuar.

O paso a paso da retirada do pañal

1. Os pais deben estar en casa e convencidos de que é o momento polas mensaxes que emiten os seus fillos/as.
2. Explicar ao fillo/a a importancia e en que consiste este grande paso para que el se faga maior. E pedirlle a súa colaboración.
3. Retirar o cueiro durante o día e ensinar ao neno/a a acudir ao seu orinal cando teña necesidade.
4. É preciso levantarlo/a 30 minutos antes, e logo de almorzar, asearse e vestirse, indicarlle que vaia ao penico.
5. Nunca debe pasar máis de 20 minutos sentado/a no penico e podes poñerlle música relaxante ou deixarlle un libro, de forma que non o asocie cun castigo.
6. Observar os sinais de que o neno/a ten ganas de facer pis. Apertar as pernas ou saltar, son signos moi coñecidos e infalibles.
7. Motivar sempre, felicitar e premiar cando consiga facer as súas necesidades no penico.
8. Xamais lle regañes, nin castigues, nin presiones por non conseguir controlar a súa ouriña ou as súas feces. Fronte a un escape, dille que foi apenas un fallo e que confías en que poderá superalo. Nada de críticas nin de humillacións. Os/as nenos/as non conseguen controlar os seus esfínteres sos.
9. Cada vez que vaias ao baño, dillo, así lle estarás animando a imitar e seguir o teu exemplo.
10. Cando consiga controlar as súas necesidades durante o día, é hora de empezar a retirada dos pañales pola noite. Pode tardar un pouco máis xa que todo dependerá da súa maduración. Entre a retirada do pañal durante o día e a noite pódese tardar de 15 a 30 días, ou máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario